Pregón das Festas do Cristo de Bouzas

FESTAS DA VILA DE BOUZAS 1.988

LALO VAZQUEZ GIL

Amigos os de Bouzas, de Vigo o de Galicia;
amigos os de fora, ¡qué tremenda ledicia
estarmos todos xuntos nesta xeira de amores
para cantar de Bouzas gabanzas e louvores !.
Cando a face-lo mundo Deus andaba
a agarimosa mao – doce preguiza –
posouna nesta ainda terra donda
a do bico da mao naceu Galicia.
Do pente desta mao que ía adoando
con prata e con cristal caíu nas ondas
unha píngoa de amor, e Deus o vela
dixo abraiado El Mesmo: “Sexa Bouzas”.
E ó namoro engadíu, bicando á Vila:
“ Déixote aquí, xoiña, na fermosa
paisaxe deste mar, para que escintiles
engádega do ceo e do mar noiva”.
Mais “ O barudo mar inquedo, andaba de flor en flor,
ía dunha ría noutra, ía de amor en amor.
E Bouzas por lle dar ciumes, botouse un novio mellor,
e prendeuse das raiolas acaridantes do sol.
Demexouse o mar nas rochas cando desto se enterou:
e pregou perdón a Bouzas e xurou de novo amor.
Mais ela chamouno armante e falso e castigador.
E il dixo: “ Non e certo, que ti es só o meu amor”.
E o mar esquecido de antergos amores
cinguíu a sua moza de atafales louros
e das súas viaxes a praias lonxanas
deixaba as suas prantas inxentes tesouros.
Cantigas fermosas no vento zoando
falaban do cofre que o mar encelaba
e o vento que a noite brincaba a outras terras
daqueles amores falaba e falaba.
“BOUZAS, noiva do baril mar co vento arela.
Belida, morna, azul. Bouzas mareira”.
Quen me dese hoxe, amigos ser como aquel troveiro
que ó pasar pola porta de un castelo altaneiro
chamárono os señores e as damas con presteza
para que alí contase historias de grandeza.
Eu louvaría ledo desta Bouzas a historia
deses tempos antergos, os que a encheron de gloria
de heroísmo e de honra, en tódalas angueiras,
os nobres cabaleiros e as xentes mariñeiras.
Polo mar fusco e mouro dos antergos druídas
cando ás praias de Bouzas viñan velas latinas
ían os mariñeiros destas terras boucenses
loitando contra os turcos ou normandos ou ingleses.
Este mar que foi mozo amantiño da vila
o mar apaixoado, berce, enxoval e vida;
e zafra e mesa e leito e camposá tamén;
o mar xunguido a Bouzas que abría nun ronsel.
O seu peito verquendo riquezas sobranceiras
para Bouzas, a vila fermosa e feiticeira.
E contaría os feitos de Yáñez de Parada
aquel señor de Bouzas que coas súas mesnadas
defendeu os dereitos de Don Pedro o Primeiro
e morreu pelexando co seu brasón cimeiro.
E do Gregorio Vázquez ou de Pérez de Ceta
que venceron ós turcos nunha batalla épica;
e de aqueles boucenses que con risco e carraxe
defenderon a ría da inglesa pirataxe.
De ó voso amor o Cristo que xa ven dende antano
pois para te-lo templo de alfaias enfeitado
as rexos hoarantes conseguiran do Bispo
mercede de deixalos ir ó mar os festivos
e comprar ornamentos co producto da pesca
Para lle facer ó Cristo a merecida festa.
¡ Xa daquela tíñades sentido da ledicia
e eran as vosas festas sonadas en Galicia!
No mil seiscentos cinco, ano ben relevante,
¡ Que gran festa argallara o Gremio Mareante!
Vasoiraron as rúas, colgaron cobertores
e desfilaron carros con ramallos e flores;